Publicador de contidos
Publicador de contidos

200 civís xuraron ou prometeron bandeira este sábado en Monforte

200 civís xuraron ou prometeron bandeira este sábado en Monforte

Mañá de convivencia e de coñecemento entre a poboación e as Forzas Armadas

G24.gal 10/06/2023 14:30 Última actualización 10/06/2023 15:53

Ter máis de 18 anos e nacionalidade española son os dous requisitos que se lles pediron aos douscentos civís que esta mañá xuraron ou prometeron a bandeira na praza da Compañía, en Monforte de Lemos.

O acto, presidido polo almirante xefe do Arsenal de Ferrol, vicealmirante Ignacio Froitos Ruiz, comezou ás doce da mañá, e é un xeito de reforzar a unión entre a poboación de Monforte e a Armada.
Enmárcase nas actividades complementarias ao Día Das Forzas Armadas que, malia que xa se celebrou a semana pasada, seguen organizándose actos cos que favorecer a interacción entre a poboación civil e militar, para afondar no coñecemento que ten a sociedade das Forzas Armadas.

Xuraron ou prometeron bandeira 200 persoas.

Na páxina web do Ministerio anúncianse as datas de vindeiras xuras ou promesas de bandeira civís.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade