Publicador de contidos
Publicador de contidos

200 competidores participan no concurso de salto internacional Casas Novas

200 competidores participan no concurso de salto internacional Casas Novas

A Televisón de Galicia ofrecerá as grandes probas do sábado e do domingo a través da web da CRTVG e tamén da G2

G24.gal 02/12/2022 21:47

Comezou en Arteixo unha fin de semana de hípica co concurso de salto internacional Casas Novas.

Antes de chegar aquí, a competir, os cabalos reciben coidados diversos que inclúen probas veterinarias. O seu tratamento é equiparable a calquera deportista de competición.  

Preto de 200 compiten no recinto do CSI Casas Novas, o certame hípico que este ano conta coa participación dos mellores xinetes do mundo nesta modalidade.

A cita máis atractiva a que se vai celebrar o domingo que é puntuable para a Copa do Mundo. Para os afeccionados, a Televisón de Galicia ofrecerá as grandes probas do sábado e do domingo a través da web da CRTVG e tamén da G2.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade