Publicador de contidos
Publicador de contidos

Coidados de atleta profesional para os cabalos do campionato internacional de saltos Casas Novas

Coidados de atleta profesional para os cabalos do campionato internacional de saltos Casas Novas

Cada animal ten o seu propio veterinario e coidados específicos

G24.gal 11/07/2023 21:16 Última actualización 11/07/2023 21:46

Ao nivel de competición internacional como é Casas Novas, os coidados dos animais extrémanse ao máximo.

Así nolo conta o xinete estremeño Antonio Mariñas, que competirá co seu cabalo Expresso Minotiere, un exemplar francés de 9 anos, seis deles da man deste xinete residente en Bélxica.

"Antes dos concursos tes que asegurarte que o cabalo está a tope, facer análises de sangue, asegurarte de que todo está ben. E si, o transporte é importante. Hai que tentar non facer máis de 10 horas seguidas no camión, parar en cortes, camiñar cos cabalos moito, que se movan, que coman herba, forraxe e penso, e que beban e se hidraten ben".

Unha vez nas instalacións do concurso e previamente á competición os animais son sometidos a controis veterinarios.

Tras as probas hípicas, os coidados continúan.

"Normalmente cada un ten o seu propio veterinario, que está pendente de que todo estea ben. En definitiva, o coidado é moi parecido ao de calquera atleta. Así como poñen os futbolistas xeo nos pés ou van a un spa, ao final cos animais é o mesmo porque son atletas profesionais".  

Antonio di que ten postas moitas esperanzas en Expresso Minoterie, do que este experimentado xinete asegura que é o seu mellor cabalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade