Ano 2023: o reto da transición ao coche eléctrico
Ano 2023: o reto da transición ao coche eléctrico
Medra a venda de vehículos híbridos, máis non enchufables pola falta de puntos de carga
Diésel, gasolina, híbrido, híbrido enchufable, eléctrico puro... Parece que cada vez é máis difícil saber que vehículo comprar.
Nos últimos meses, vai gañando protagonismo o vehículo híbrido, que, aínda que máis caro, reduce consumos e avarías e, sobre todo, emisións contaminantes, o cal é un seguro de mobilidade a longo prazo.
En 2021, 155.000 vehículos eléctricos circulaban xa polas estradas españolas. Iso supón un aumento de 67.000 vehículos con respecto ao ano anterior. Porén aínda estamos moi lonxe de países da Unión Europea como Alemaña, Francia ou Portugal.
A ansiedade de non saber que vai pasar frea a moitos.
A suba nas vendas de eléctricos non se corresponde coa realidade da infraestrura de apoio. Á cola de Europa, en España escasean os puntos de recarga, lenta e rápida: apenas once mil cincocentos de acceso público.
Desde o un de xaneiro, as vilas de máis de 50.000 habitantes teñen que ter zonas de baixas emisións ás que non poden entrar os vehículos sen etiqueta ecolóxica, isto é, os máis contaminantes. Os máis vellos. Ourense é a provincia española co parque móbil máis envellecido cunha media de 17 anos por vehículo.
O obxectivo do Goberno é deixar de producir vehículos de combustión para o ano 2040.