Publicador de contidos
Publicador de contidos

2023 vai camiño de converterse nun ano histórico para o turismo en Galicia

2023 vai camiño de converterse nun ano histórico para o turismo en Galicia

Máis de 2.700.000 turistas chegaron a Galicia nos primeiros seis meses deste ano

312.000 peregrinos chegaron a Santiago nos oito primeiros meses de 2023
G24.gal 02/09/2023 20:28 Última actualización 02/09/2023 21:01

O número de visitantes no que vai de ano en Galicia leva camiño de superar as cifras de 2022, con máis de dous millóns setecentos mil turistas que visitaron a nosa comunidade, segundo subliñou no programa Bos Días o director da Axencia Turismo de Galicia.

"O que temos acumulado nos oito meses que van de ano, supera case nun dez por cento o que rexistramos en 2022, que foi o mellor ano turístico da historia", afirmou na TVG José Manuel Merelles.

O clima e a gastronomía son dous dos principais atractivos de Galicia

O trinta e sete por cento dos turistas que nos visitaron eran estranxeiros. Todos, foráneos ou nacionais, destacan o clima e a gastronomía como dous atractivos esenciais.

O Camiño de Santiago é outro dos motivos da chegada de persoas a Galicia, ata o punto de bater tamén as marcas do ano pasado.

"A estas alturas xa temos 312.000 peregrinos que solicitaron a Compostela, o que  supón un dous por cento máis dos rexistrados en todo o ano pasado", engadiu José Manuel Merelles no Bos Días.

O sector turístico galego gañou máis cartos ca o ano pasado, agás a restauración

O responsable da Axencia Turismo de Galicia di que as ganancias do sector turístico de Galicia tamén son superiores ás doutros anos, agás na restauración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos