Publicador de contidos
Publicador de contidos

2023 vai ser o mellor ano turístico en Galicia

2023 vai ser o mellor ano turístico en Galicia

O trinta por cento dos turistas que visitan Galicia son estranxeiros

Máis de 300.000 peregrinos chegaron a Santiago no que vai de ano
G24.gal 02/09/2023 12:57 Última actualización 02/09/2023 13:19

2023 leva camiño de ser o mellor ano do turismo en Galicia, segundo afirmou no programa Bos Días o director da Axencia Turismo de Galicia.

"Co que temos acumulado nos oito meses do que vai de ano superamos case nun dez por cento o que rexistramos en 2022, que foi o mellor ano turístico da nosa historia", sinalou José Manuel Merelles.

Nos primeiros sete meses de 2023 chegaron a Galicia mais de 2.700.000 turistas

Os datos da Xunta, e tamén os do Instituto Nacional de Estatística, sinalan que nos primeiros sete meses deste ano chegaron a Galicia máis de dous millóns setecentos mil visitantes, dos que o trinta por cento son estranxeiros.
O director da Axencia Turismo de Galicia tamén lembrou o importante papel que segue desempeñando o Camiño de Santiago:

"A estas alturas xa temos 312.000 peregrinos que solicitaron a Compostela, o que supón un dous por cento máis que todos os rexistros do ano pasado", engadiu o director da axencia Turismo de Galicia.

O gasto medio por turista subiu, agás no sector da restauración

Canto ás queixas dos hostaleiros sobre a baixada do gasto por turista, José Manuel Merelles admite que iso pode ser certo no caso dos restaurantes:

"Os beneficios do sector turístico subiron; nos restaurantes parece ser que o gasto resentiuse un pouco máis", subliñou José Manuel Merelles.

O director da Axencia Turismo de Galicia asegurou no Bos Días que setembro será, tamén, un mes moi bo para o sector. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar