Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous mil catrocentos mortos en Libia polo ciclón Daniel

Dous mil catrocentos mortos en Libia polo ciclón Daniel

Dous mil catrocentos mortos e dez mil desaparecidos, primeiras cifras provisionais

A cidade costeira de Derna quedou arrasada

O primeiro ministro pide axuda pra sacar cadáveres da auga

G24.gal 12/09/2023 20:49 Última actualización 12/09/2023 21:17

Primeiros enterramentos masivos en Libia. O número de vítimas do ciclón que arrasou o leste do país aínda aumentará. De feito, o primeiro ministro acaba de pedir axuda para recuperar cadáveres do mar, e non se sabe cantas persoas estarán baixo os cascallos.

Ata o momento as autoridades deron conta de 2.400 falecidos, pero outras fontes humantarias, como a Media Lúa Vermella, calculan ata dez mil desaparecidos. Os labores de rescate e a chegada de equipos de emerxencias ás zonas afectadas demóranse pola magnitude da destrución.  

A cidade máis afectada é Derna, onde a chuvia e o derrubamento de dous encoros arrasou barrios enteiros. O ministro de Sanidade dixo que os hospitais de alí están cheos de cadáveres. As cifras varían moito, e hai quen chega a falar de sete mil desaparecidos só nesa localidade. O ciclón Daniel tamén bateu na segunda cidade máis grande do país, Bengasi, e outras vilas máis pequenas do leste. 

Son lugares que previamente sufrían as consecuencias de anos de conflito e pobreza, atravesadas agora por treboadas eléctricas e ventos de 180 quilómetros por hora, un ciclón que deixa sen nada milleiros de persoas que xa sobrevivían no límite. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar