25 anos da liberación de Ortega Lara
25 anos da liberación de Ortega Lara
Foi o secuestro máis longo da ETA
Este primeiro de xullo cúmprense 25 anos da liberación de José Antonio Ortega Lara.
A súa imaxe deu a volta ao mundo. Ortega volvía á casa con 23 quilos menos, desmellorado e asustado.
O funcionario de prisións era liberado tras 532 días de cativerio nun zulo nunha nave industrial de Mondragón, en Guipúscoa. Foi o secuestro máis longo perpetrado pola banda terrorista da ETA.
"Cando Ortega Lara di que está vivo, evidentemente, é un momento de euforia. Pero ese impás desde que descubrimos que hai un dispositivo no chan que pode ser o lugar de acceso ao zulo, aí comeza un momento moi instrospectivo, de moita preocupación", relata Francisco José Vázquez, coronel da Garda Civil que participou na liberación de Ortega Lara.