Publicador de contidos
Publicador de contidos

26 das 52 provincias españolas superan a media mundial de mortalidade por suicidio

26 das 52 provincias españolas superan a media mundial de mortalidade por suicidio

Galicia, Andalucía, Castela e León e Aragón son as que presentan as taxas máis altas de toda España, segundo o informe 'Evolución do suicidio en España neste milenio (2000-2021)'

Melilla, Lleida, Palencia, Zamora e Navarra é onde máis aumentou desde o inicio da pandemia

G24.gal 26/01/2023 13:13

Ata 26 das 52 provincias e cidades autónomas superan a media mundial de mortalidade por suicidio, e son as de Galicia, Andalucía, Castela e León e Aragón as que presentan as taxas máis altas de toda España, aínda que en Melilla, Lleida, Palencia, Zamora e Navarra é onde máis aumentou desde o inicio da pandemia.

Cada día de 2021, once persoas suicidáronse no noso país, un total de 4.003 falecidos por esta causa, o que lanza unha taxa de 8,45 mortos por cada 100.000 habitantes, moi próxima xa á media mundial fixada pola OMS, que é de 9.

Segundo o informe 'Evolución do suicidio en España neste milenio (2000-2021)', realizado por investigadores da Universidade Complutense de Madrid (UCM), do Centro de Investigación Biomédica en Rede Saúde Mental (Cibersam) e do hospital do Mar de Barcelona, máis da metade do país están por encima desa media.

O informe sinala que 21 provincias de nove comunidades -Galicia, Asturias, Castela e León, Andalucía, Cataluña, Comunidade Valenciana, Castela-A Mancha, Aragón e as Canarias- e, supera nalgúns casos amplamente a media mundial, que está nos 10 suicidios/100.000 habitantes.

Lugo é a que presenta a taxa máis alta, de 15,6, seguida de Zamora (14,2) e Xaén (13,1); A Coruña e Asturias presentaron ambas un 12,93; Soria (12,30); Cuenca (12,06); As Palmas (11,81); Málaga (11,67); Córdoba (11,65); Palencia (11,35); Huesca (11,29); Teruel (11,25); Pontevedra (11,24); Granada (11,20); Burgos (11); Castelló (10,57); Ourense (10,49); Xirona; (10,47); León (10,11); Ávila (10.05). E por encima da media mundial de 9 están ademais Almería (9,57); Cidade Real (9.55); Tarragona (9.26); Navarra (9.12) e Cádiz (9.06). No lado extremo están Guadalaxara e Madrid, con taxas de 4,52 e 5,3/100.000 hab, respectivamente.

Se se atende ao incremento, entre 2020 e 2021 as subidas máis significativas déronse en Melilla (29,1 %), Lleida (26,1 %), Palencia (22,5 %), Zamora (22.5 %) e Navarra (16,8 %). Pola contra, noutras 22 descenderon, onde máis en Segovia (25,8 % menos); Biscaia (13,7 %); Guadalaxara (13,4 %) e Ávila (12,7 %). EFE

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade