As carreiras do San Silvestre enchen de humor as cidades e vilas galegas
As carreiras do San Silvestre enchen de humor as cidades e vilas galegas
Milleiros de persoas participaron nestas competicións nas que o de menos é gañar
As carreiras de San Silvestre son xa unha tradición máis do Nada. Neste 31 de decembro, milleiros de persoas encheron as rúas de moitas vilas e cidades de disfraces e moito humor.
Na carreira de San Silvestre o de menos é correr, por iso a estrela da proba non é quen máis corre, senón simplemente quen quere selo. Na de Santiago atopamos heroínas clásicas. Na de Vigo, astros eternos do fútbol e superheroes que corren como se nada.
Centos de Papá Noel coas súas puchas estiveron en todas as carreiras. Horas antes da cea, tampouco faltaron as uvas de fin de ano nin o champaña coas súas burbullas. Por suposto, sempre hai quen só se disfraza con roupa deportiva, corre máis ca os demais e chega antes á meta.
Pero hoxe, como vimos en Ourense, ninguén quedou sen a súa medalla. Milleiros de persoas pasaron a tarde correndo nas cidades e nas vilas galegas. E así, a correr, pasou tamén este 2023, que xa está moi preto da súa meta.