34 investigados e 111 animais rescatados nunha operación contra o maltrato animal en Málaga
34 investigados e 111 animais rescatados nunha operación contra o maltrato animal en Málaga
A Garda Civil investiga 34 persoas polos delitos de maltrato e abandono de animais domésticos
Os axentes do Seprona atoparon nun estado deplorable máis dun cento de animais durante a inspección de 236 canceiras particulares, explotacións gandeiras, zoolóxicos e refuxios de animais en varios municipios de Málaga.
Estaban nunha situación lamentable: cabalos sen comida nin auga en plena vaga de calor e cans enfermos sen tratamento veterinario. En total detectáronse medio milleiro de infraccións administrativas á normativa animal.
"Os axentes atoparon cans enfermos, con leishmaniosis ou sarna. A outros amputáranlles partes do corpo e mesmo asasinado a golpes".
A Garda Civil investiga a 34 persoas polos delitos de maltrato e abandono de animais domésticos.