Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trinta e cinco carrozas desfilarán no Entroido de Parada de Amoeiro

Trinta e cinco carrozas desfilarán no Entroido de Parada de Amoeiro

Son estruturas de grandes dimensións que requiren traballos de carpintería, soldadura e pintura a grande escala

Levan traballando nelas desde antes do Nadal

G24.gal 29/01/2024 21:16

David, profesional da decoración con graffiti e con raíces familiares en Amoeiro, atopou na decoración das carrozas un novo reto: "Consigo facer cousas diferentes, con outras texturas e trebellos. Algo novo para min".

Tamén cómpre ter coñecementos de carpintería e de soldadura, habilidades que foron adquirindo en moitos casos a base de práctica desde aqueles remotos anos oitenta en que empezaron con tractores.

Héctor Caramés Fernández, membro da organización: "Empezaron con tractores con acacias e fomos collendo a tradición desde pequenos. Agora quedará para os nosos fillos".

Alfredo Lorenzo Rodríguez, membro da comisión do Entroido: "O meu fillo leva desde os 9 meses e a miña filla, que ten 13 anos, desde os 7, que fixemos unha dilixencia e ela ía nos cabalos".

É un Entroido que se cociña en naves industriais. As que lles van prestando para facer unhas carrozas, que non collen en calquera sitio.

Este ano van ser 35 as que desfilen polas rúas. Desfilarán tres días —domingo, luns e martes— e mesmo teñen programada algunha escapada a outros concellos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade