Publicador de contidos
Publicador de contidos

415 voluntarios para acomodar e axudar 12.000 peregrinos cristiáns

415 voluntarios para acomodar e axudar 12.000 peregrinos cristiáns

A Peregrinación Europea da Xuventude empeza mañá en Santiago

Os voluntarios acompañarán os peregrinos durante todo o día

Un numeroso grupo de peregrinos entra no Obradoiro
G24.gal 02/08/2022 14:36

Os voluntarios que van axudar a coordinar a Peregrinación Europea de Xoves xa están a preparar o terreo. Son 415 rapaces que se van encargar de aloxar e acompañar os 12.000 participantes no encontro, divididos en grupos, e de resolver posibles incidencias. 

Esta mañá coñecían o lugar onde van desenvolver as súas tarefas como voluntarios.. O que teñen que facer xa o traen aprendido.

"Estes rapaces van cubrir mogollón de aspectos, desde cátering, aloxamento, temas sanitarios, temas de idiomas", di David Muñoz, coordinador xeral do voluntariado da Peregrinación Europea de Xoves.

"Imos estar controlando os accesos, axudando a que todos os peregrinos pasen os distintos talleres..."

"Pola mañá,

atendendo as catequeses, e tamén estaremos nos cáterings, repartindo a comida entre os peregrinos.

"Ver se está todo limpo, falar co bedel para que me abra e peche a porta todos os días, darlles o almorzo....", explican algúns dos voluntarios.

Os 415 mozos, entre os que hai algúns estranxeiros, están tamén preparados para resolver incidencias que se poidan producir. 

Numerosos grupos de peregrinos están chegando xa a Santiago, aínda que o  encontro empeza mañá, mércores, e remata o domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade