Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medio cento de persoas fan os exames MIR para elixiren especialidade e destino

Medio cento de persoas fan os exames MIR para elixiren especialidade e destino

Tamén se examinou persoal de enfermaría, farmacia, psicoloxía, bioloxía, física e química

O número de prazas en todo o Estado é de 8.188

Os exames MIR celebráronse en Santiago e en Vigo
G24.gal 29/01/2022 21:39

Case 1.750 sanitarios participaron en Galicia nos exames MIR que lles permitirán escoller especialidade e destino. Despois dun ano de estudo esta tarde enfrontáronse a catro horas e media de exame. En total, para todas as especialidades sanitarias hai 10.634 prazas en toda España.

Á porta da facultade onde moitos deles estudaron agardaban para responder 210 preguntas sobre calquera dos coñecementos que adquiriron na carreira e nos anos de academia posteriores. 

Os médicos saben que as súas respostas determinarán se se van dedicar á dermatoloxía, á cardioloxía ou a calquera outra especialidade e confían en que a puntuación que saquen lles permita escoller ademais un bo destino. En medicina hai unha opositor e medio por cada praza.

En total en Santiago e Vigo examináronse 1.745 titulados sanitarios. 470 son médicos e preséntanse en Galicia ás 8.188 prazas convocadas a nivel estatal. Ademais, hai opositores de enfermaría, psicoloxía, farmacia, bioloxía, física e química. Todos arrastran moito tempo de dedicación a este exame.

Segundo anunciou o Ministerio de Sanidade, as listas provisionais de resultados publicaranse antes do 1 de marzo e despois tocará escoller destino para incorporarse a el nos últimos días de maio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade