70 empresas buscan traballadores de máis de 45 anos na Feira de Emprego da Coruña
70 empresas buscan traballadores de máis de 45 anos na Feira de Emprego da Coruña
A Cámara de Comercio conseguiu insertar un 15 % dos demandantes na primeira edición da feira
Lorbis ten mais de 45 e busca e busca unha oportunidade laboral que non chega: "Busco traballo de administrativa".
Ao outro lado do mercado laboral, as empresas teñen problemas para atopar perfís que poidan encaixar nas súas necesidades.
"Temos postos que nos custa moito cubrir e cremos que este perfil pode ser moi interesante para nutrirnos de candidatos", asegura Daniel Fraga, técnico laboral de GADISA.
Os expertos din que a actitude é fundamental. Pero tamén saber afrontar con éxito unha entrevista de traballo.
"Ser concreto e ser positivo. A clave é pedir axuda á xente que sabe", di Victoria Mariño, consultora.
Para poñer en contacto a oferta e a demanda, a Cámara de Comercio da Coruña vén organizando feiras de emprego que están resultando un éxito para a inserción laboral.
"Vendo os resultados da primeira feira vimos que había uns resultados de inserción dun 15 %. Agora temos a presenza de 70 empresas e máis de 600 persoas demandantes de emprego e intentamos casar esa oferta e esa demanda", explica Manuel Galdo, director xeral da Cámara de Comercio da Coruña.