Cargando resultados...
A Xunta destina 70 millóns de euros para axudas á transformación e incorporación de mozos no agro
A Xunta destina 70 millóns de euros para axudas á transformación e incorporación de mozos no agro
G24.gal
21/02/2022 14:48
Ata a segunda semana de marzo está aberto o prazo para pedir as axudas da Xunta para a transformación de produtos agrarios e a remuda xeracional no sector primario, que suman preto de 70 millóns de euros.
Nunha visita ás novas instalacións de Aceites Abril en San Cibrao das Viñas, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, lembrou que con estas axudas buscan mellorar a competitividade das empresas e impulsar a incorporación dos mozos á actividade agraria.
"Necesitamos mozos e mozas nas miles de hectáreas que ten Galicia, algunhas aínda improdutivas. Trátase de axudar os mozos que queiran investir no rural, para mercar terra, mellorar explotacións, mercar gando e maquinaria ...", explicou Feijóo.