80 empresas do sector do metal paran a produción a partir do luns
80 empresas do sector do metal paran a produción a partir do luns
A asociación de industrias do metal cifra as perdas en 20 millóns de euros
As empresas sofren a falta de materias primas e compoñentes
Desde Asime, a asociación de industrias do metal, aseguran que as perdas por contratos non asinados durante a última semana ascenden a 20 millons de euros. 80 empresas do sector decidiron paros na produción a partir do luns debido á falta de materias primas e de compoñentes. A patronal do metal considera que se son se toman medidas pode chegarse a unha situación de colapso.
Hai que adoptar medidas e en paralelo deixar traballar, porque se non vainos levar a un atasco, a un colpaso da industria e da economía española que imos tardar moitos anos en recuperar, explica Enrique Mallón, secretario xeral de Asime
En Fundivisa, unha empresa de fundición de Vilagarcía, fabrican hélices e outros compoñentes náuticos. O camión que esperaban o venres con 25 toneladas de bronce sufriu unha sabotaxe. Se non reciben materia prima a próxima semana, vanse ver obrigados a deixar de fundir.
De feito, a semana próxima deberíamos recibir un camión con 25 toneladas de bronce para seguir tendo materia prima. Ese camión tería que entrar onte, e está coas rodas picadas en León. Non contamos con que chegue para a semana, de xeito que se non chega para a semana, teremos que deixar de fundir pezas", asegura Antonio Moreira, xerente de Fundivisa
Stellantis non retomará a súa actividade ata o próximo martes. A compañía automobilística di que, no seu caso, a falta de compoñentes non se debe ao paro do transporte, senón á crise de subminsitración que sofre o sector desde hai máis dun ano.