Publicador de contidos
Publicador de contidos

Case un milleiro de cans de España e Portugal compiten en beleza en Silleda

Case un milleiro de cans de España e Portugal compiten en beleza en Silleda

Valórase o movemento, o carácter do animal e a súa morfoloxía

A Sociedade Canina Galega organiza tres concursos nos que participan máis de 100 razas

G24.gal 22/07/2023 21:42 Última actualización 22/07/2023 22:05

Un total de 126 razas diferentes participaron hoxe nesta competición de beleza canina en Silleda. Valórase o movemento, o carácter do can e a súa morfoloxía.

“Tanto a cabeza, o tipo de pelo, o movemento, é un conxunto. Hai un estándar racial e o xuíz ten que facer unha valoración do conxunto”, explica Salvador Serrano, da Sociedade Canina de España.

River é un galgo ruso. É a raza que cría un competidor de Pontevedra que leva 15 anos participando en concursos de ámbito internacional.

“Temos campións de Portugal e de España, de Xibraltar, Rusia, Francia... non nos podemos queixar”, explica.

Uva, de 8 meses, é unha malamute de Alaska que compite na categoría do mellor cachorro.

"É unha raza pola que teño paixón. Eu ademais fago "canicrós", corro con eles, é unha raza ideal para correr".

Mais alá do concurso e das características de cada raza, hai algo que teñen en común.

“O máis importante é que nos acompañan e son un membro máis da familia", asegura Agustín Fontán, presidente da Sociedade Canina Galega

Participan 800 cans en tres concursos nos que se van premiar os mellores exemplares para a cría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade