Publicador de contidos
Publicador de contidos

800 desaloxados polo incendio forestal entre as provincias de Teruel e Castelló

800 desaloxados polo incendio forestal entre as provincias de Teruel e Castelló

O lume orixinouse na localidade de Villanueva de Viver

Segundo as primeiras estimacións arderon máis de 800 hectáreas

G24.gal 23/03/2023 21:11

O incendio forestal iniciado este xoves en Villanueva de Viver, no límite entre Castelló e Teruel, obrigou a desaloxar xa varios núcleos de poboación. Son 800 os evacuados e segundo as primeiras estimacións, as lapas poden abarcar xa un perímetro de preto de 800 hectáreas.

Segundo confirmou o director xeral de Interior da Generalitat, Salva Almenar, desde o posto de mando avanzado establecido en Barracas (Castelló), o incendio tivo unha evolución "moi violenta" e prevese que nunhas horas cambie a dirección do vento, o que pode modificar as áreas prioritarias de control das chamas e de protección das persoas.

Ata o momento ordenouse o desaloxo preventivo en localidades de Castelló e de Teruel. A Generalitat habilitou con Cruz Vermella un albergue en Segorbe para que os desaloxados que non teñan outro lugar onde ir poidan pasar polo menos esta noite.

Almenar confirmou que a masa forestal na zona presenta "moito combustible" para este incendio, sobre todo polo secos que foron os últimos meses. Tamén dixo que por agora se descoñecen as posibles causas do incendio, do cal se encargarán tanto a Conselleria de Medio Ambiente como a Garda Civil. Todos os medios aéreos que traballaban na zona (chegaron a coincidir quince) retiráronse xa ao poñerse o sol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade