Publicador de contidos
Publicador de contidos

95 persoas viaxaron este sábado no tren turístico que percorre a DO Rías Baixas

95 persoas viaxaron este sábado no tren turístico que percorre a DO Rías Baixas

Sae de Compostela e hai visistas a Catoira, Cambados, Pazo de Baión, Vigo e a Illa de San Simón

G24.gal 22/06/2024 14:34

Os trens turísticos de Galicia fan 11 atractivas rutas que atravesan os grandes reclamos turísticos do noso país desde os faros ata os pazos.

Este sábado estivemos cos pasaxeiros da ruta do viño das Rías Baixas que visitan o centro de Cambados, o Pazo Baión e a ría de Vigo. A ruta repetirase en agosto.

Son xa once anos de trens turísticos con máis de 25.000 viaxeiros e ocupacións moi importantes que roldan o 90 % As máis demandadas: a dos faros, a dos pazos, ou a das camelias.

Tamén as hai dedicadas á lamprea e na denominación de orixe Ribeiro. Outra ruta recala na Coruña onde os viaxeiros poden visitar a fábrica de cervexa de máis sona do país.

Na visita participou o director xeral de Turismo de Galicia Xosé Merelles que subiu ao tren no apeadoiro da Portela en Barro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade