Publicador de contidos
Publicador de contidos

A aceleradora téxtil da zona franca de Vigo reeditarase en outono

A aceleradora téxtil da zona franca de Vigo reeditarase en outono

Na primeira edición asesoraron dez empresas-promesa do sector

A téxtil ourensá Roberto Verino é a empresa tractora

G24.gal 15/06/2023 12:57

Xa son ben tanxibles os resultados da primeira aceleradora de innovación no sector téxtil, unha experiencia destinada a que empresas prometedoras do sector acelerasen o seu proceso de desenvolvemento.

Foron nove meses de cursos, titorías e apoio personalizado que axudaron a estas pequenas empresas a organizarse mellor, superar obtáculos e lanzarse con máis folgos ao mercado internacional. 

"O resumo é moi doado. Antes de entrar neste proceso tiñamos unha marca de complementos e calcetíns, e agora temos unha empresa de complementos e calcetíns", explica Alberto Neves, de Sweet Paripé.

Descubrimos as súas pezas, transpirables e adaptables como as deportivas pero con cor, con carga conceptual e con cultura. A empresa de calcetíns da rúa Carral de Vigo xa vende en Francia, Italia, Croacia... Foi unha das dez que pasou pola aceleradora téxtil da zona franca.

"Tivemos todo o apoio do equipo de titores e tamén dos nosos compañeiros, dos que aprendemos moitísimo", di.

Coa proba superada, e coa proposta de levar ata pés de todo o mundo esta explosión de cor e creatividade. Sweet Paripé sae da aceleradora preparada para a aventura. 

Tamén en Vigo ten a súa sede central Keep&Trendy. Son sete mulleres que fan moda versátil, para o traballo e para a festa, co corazón da empresa en Vigo, o deseño en Madrid e a fabricación en Portugal.

"VíaTextil a Keep&Trendy achegou que aprendésemos a organizarnos. Grazas a eles fixemos un plan de negocio, explicárono moi ben, entendémolo e grazas a eles puidemos fluír. Foi unha boa experiencia, botarémolos de menos pero fórmannos de tal xeito que sós podemos seguir", comenta Leticia Rocha, a directora creativa de Keep&Trendy.

Fan moda. Están en diferentes momentos do seu proceso empresarial. A cada un axúdanos a descubrir fortalezas e debilidades e a dar o salto. Para o outono que vén, con Roberto Verino outra vez como empresa tractora, Innovatextil volve poñer en marcha a aceleradora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade