Publicador de contidos
Publicador de contidos

A actual dirección do PSdeG pide non xerar crispación interna

A actual dirección do PSdeG pide non xerar crispación interna

Os afíns ao novo secretario xeral do PSdeG negan que Valentín González Formoso estea levando a cabo unha purga contra os partidarios de Gonzalo Caballero.

Será a directiva que saia do congreso de decembro a que fixe a folla de ruta do partido, incluíndo a permanencia ou non de Caballero.

Nadia 11/11/2021 18:19

Os afíns a Valentín González Formoso réstanlle importancia ao anuncio de Gonzalo Caballero de que pensa seguir como portavoz no Parlamento galego. 

Porque algúns partidarios do novo secretario xeral do PSdeG cren que será a directiva que saia do congreso de decembro a que decida todas as cuestións prioritarias, incluído o cargo de portavoz. A actual dirección do PSdeG pide non xerar división interna, en palabras de Pablo Arangüena.

Desde Vigo, un dos lugares onde Gonzalo Caballero logrou máis apoios, prefiren non pronunciarse. Abel Caballero insiste en que non fala do partido, só da alcaldía da cidade. 

Os afíns a Formoso negan calquera purga contra os partidarios de Caballero, e din que promoven un proxecto de integración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade