A actualidade manda nos disfraces de Entroido
A actualidade manda nos disfraces de Entroido
O máis vendido é o de test de antíxenos
O Entroido está en plena celebración e, a pesar de que non haberá as grandes convocatorias dos anos previos á pandemia, no ritmo de venda de disfraces nótase que hai ganas de festa.
Co permiso das Tanxugueiras, os disfraces máis buscados deste entroido, o primeiro que se celebra en pandemia, son a teta da canción eurovisiva de Rigoberta Bandini, e si, o test de antíxenos. Neste establecemento de Ponteareas, que vende para toda Europa, levan días esgotados.
Aínda que os clásicos sempre están aí e a televisión aporta personaxes continuamente, os especialistas en disfraces saben que a actualidade manda. Esta empresa de Ponteareas, que fabrica en España, non se equivocou nas súas apostas.
A campaña comezou tarde porque a incidencia da sexta onda complicou as previsións do sector, pero hai tantas ganas de Entroido que o ritmo de vendas xa está en cifras prepandemia.
E unha curiosidade: os disfraces supervendas de todos os tempos neste local son os da serie d' "O xogo da lura". Despacharon 4.200 unidades nos quince días da pasada campaña do Samaín.