A administración do Hospital da Coruña trasládase a ExpoCoruña durante as obras
A administración do Hospital da Coruña trasládase a ExpoCoruña durante as obras
Segundo anuncia o DOG este martes, a empresa Tragsa ten 7 meses para acondicionar o recinto feiral
A administración do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) trasladarase temporalmente ao recinto feiral ExpoCoruña polas obras do hospital.
Segundo o anuncio da Consellería de Sanidade que se publica este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG), a empresa Tragsa encargarase de acondicionar as instalacións de ExpoCoruña para o desempeño temporal das funcións administrativas do CHUAC. O Servizo Galego de Saúde destina para estes traballos 1,6 millóns de euros. A empresa ten sete meses para acondicionar o recinto feiral.
As obras no CHUAC supoñen en conxunto un investimento duns 500 millóns de euros para duplicar a superficie actual e aumentar un 15 % as camas dispoñibles.