Cargando resultados...
A alcaldesa de Santiago non asistirá á ofrenda ao Apóstolo
A alcaldesa de Santiago non asistirá á ofrenda ao Apóstolo
Goretti Sanmartín asegura que acudirá aos actos da festividade do 25 de xullo, pero non á liturxia, alegando que España é un "Estado aconfesional"
G24.gal
03/07/2023 14:35
A alcaldesa de Santiago Goretti Sanmartín non asistirá á ofrenda ao Apóstolo, pero si participará no resto de actos institucionais do 25 de xullo. Anunciouno despois da súa primeira reunión co Arcebispo de Santiago.
Foi nuha xuntanza en que os dous amosaron a súa disposición a colaborar. Sanmartín recoñeceu que "haberá a quen non lle guste a decisión", pero pediu respecto pola decisión no marco dun "Estado aconfesional". O arcebispo reiteroulle a súa invitación e insistiu en que terá as portas da Catedral abertas.