Publicador de contidos
Publicador de contidos

A alcaldesa de Zaragoza pide axudas para facer fronte aos danos causados pola treboada

A alcaldesa de Zaragoza pide axudas para facer fronte aos danos causados pola treboada

Unha hora de chuvia torrencial, pero nos dez primeiros minutos caeron sobre Zaragoza 20 litros de auga por metro cadrado

G24.gal 07/07/2023 14:19

Aragón e Navarra manteñen activada a alerta laranxa por tormentas coma a que onte descargou máis de 50 litros por metro cadrado nunha hora sobre Zaragoza e asolagou parte da cidade.
A alcaldesa da capital aragonesa reclamou unha reunión urxente da xunta local de seguridade para reclamar axudas coas que facer fronte aos danos provocados, que estima millonarios.

Foron 60 minutos de chuvia torrencial, pero nos 10 primeiros caeron sobre Zaragoza 20 litros de auga por metro cadrado.

Os sumidoiros non foron capaces de evacuar tanta auga e esta formou riadas que asolagaron distintas zonas da cidade.
Numerosos coches foron arrastrados e dez persoas tiveron que ser rescatadas.

"Comezou a chover e alguén tivo a magnifica idea de subirnos aquí porque se non estariamos á altura do delta".

"Tiven que saír do coche porque se anegaba, e se non saio, afogo".

As brigadas de limpeza traballaban arreo esta mañá para retirar toda a lama e restos de materiais depositados pola auga.
A alcaldesa da capital aragonesa estima que reparar os estragos custará varios millóns de euros e pediu unha reunión urxente da Xunta Local de Seguridade para reclamar as axudas doutras administracións.

"Isto eu non o vira na miña vida, creo que non o vivira ninguén en Zaragoza".

"Entrounos ata a metade da oficina, así que, hoxe toca limpeza".

"Auga ata arriba, uns dous metros ou dous corenta en cada planta. E dentro do garaxe, nas dúas plantas hai coches, motos, rochos. Todo anegado".

Só durante a noite, os bombeiros zaragozanos tiveron que facer 270 saídas por incidencias relacionadas coa torrencial tormenta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade