Cargando resultados...
A alta temperatura da auga do mar atrae as medusas á praia de Oleiros
A alta temperatura da auga do mar atrae as medusas á praia de Oleiros
O contacto con elas pode causar dor, proído e erupcións na pel
G24.gal
15/06/2023 21:16
E os bañistas que estes días se metan na auga na praia de Mera, en Oleiros, atoparán unhas visitas pouco habituais: as medusas.
Son moito máis propias do Mediterráneo, onde a temperatura da auga é máis cálida, pero estes días vense na nosa costa porque a temperatura do mar está inusualmente alta en Galicia. Nas praias de Oleiros a agua chegou este xoves aos 21 graos.
Malia a súa fama, estes animais non son perigosos, aínda que o contacto con elas pode causar dor, proído e erupcións na pel.