Publicador de contidos
Publicador de contidos

A alza do prezo do aceite de oliva deixa as conserveiras en apuros

A alza do prezo do aceite de oliva deixa as conserveiras en apuros

O sector busca novas alternativas para evitar outra suba dos prezos

As conservas xa incrementaron o seu prezo un 15 % e o consumo caeu un 10 %

G24.gal 20/09/2023 14:21

O aceite supón unha parte moi importante do custo final da conserva. O sector é un dos que máis está a sufrir o impacto do forte incremento do seu prezo.

Nos últimos meses víronse na obriga de subir o prezo dos seus produtos ata un quince por cento. Agora buscan novas fórmulas para evitar unha nova repercusión no peto dos consumidores. 

As conserveiras exploran novos provedores noutros países, pero tamén estudan outras opcións, como substituír o aceite de oliva mentres continúe en máximos. O consumo de conserva caeu xa un dez por cento e o sector teme que continúe. 

As axudas da Xunta de Galicia destinadas aos operadores do sector do mar polo incremento dos prezos tamén cubrirán as subas do aceite de oliva que afectan especialmente as conservas. 

España produce ao ano 300.000 toneladas de conserva de peixe e marisco, delas o cincuenta por cento conteñen aceite de oliva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade