Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ameixa babosa dispara os prezos e desaparece dos mercados

A ameixa babosa dispara os prezos e desaparece dos mercados

A escaseza desta variedade fixo que alcanzase prezos de ata 70 euros nas lonxas

Nos mercados pódense atopar outras variedades de ameixa, pero babosa non
G24.gal 04/11/2021 16:41

Dende que hai rexistros non se acorda unha campaña peor. A escaseza de ameixa babosa preocupa no sector e está a disparar os prezos na lonxa e nos mercados.

Este xoves, por exemplo, foi imposible atopar ameixa babosa nos mercados vigueses. Nos últimos días acadou cotizacións históricas nas lonxas superando os 70 euros o quilo. Un prezo tan elevado que nas peixerías só traen ameixa babosa se é por encarga.

Hainas rubias, rosas ou chirlas, pero a ameixa babosa está desaparecida nos mercados. A súa escaseza traduciuse en prezos desorbitados en lonxas e mercados, prohibitivos para os consumidores.  

Non hai demanda e as poucas que saen da lonxa a ese prezo non chegan aos mercados galegos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade