Cargando resultados...
A área sanitaria da Coruña supera os nove mil casos activos
A área sanitaria da Coruña supera os nove mil casos activos
Detectados 635 novos contaxios nas últimas 24 horas
G24.gal
03/01/2022 14:36
En só sete días os casos de covid duplicáronse na área sanitaria da Coruña.
A xente na rúa comenta que "en vez de ir a mellor, imos a peor". "Xa teño xente cerca, hai que ser precavidos",
Hoxe son máis de nove mil as persoas que están pasando a infección, cando hai unha semana eran pouco máis de 4.500.
O ritmo de contaxios continúa medrando, con 635 novos casos na últimas 24 horas, co que a taxa de positivos sobe xa ata o 22,75 %, dous puntos e medio máis ca onte.
"Preocupados, pero con todas as precaucións posibles, intentamos seguir coa nosa vida".
En canto á presión hospitalaria, a cifra hoxe tamén é maior, con 70 pacientes en planta e oito ingresados na UCI.