A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega homenaxeou a Rosalía de Castro no 186 aniversario

Unha lectura de poemas rosalianos e unha ofrenda floral para recordar a escritora
A AELG reivindicou a Rosalía pensadora crítica que denunciou as inxustizas sociais
Esta fin de semana continuaron as celebracións do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, coa lectura da súa obra e unha ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres.
O acto, organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, completa as homenaxes que desde o xoves se están celebrando por toda Galicia.
O manifesto deste ano, a cargo de Carme Adán, centrouse na figura da Rosalía como pensadora crítica. 186 anos despois do nacemento da autora de Follas Novas volvéronse escoitar os seus reclamos sobre a lingua, o feminismo e a denuncia da inxustiza social.
Rosalía ensinounos da liberdade do pensamento que se afunde na realidade para interrogala por un futuro mellor. Se só cantamos ás pombas e ás flores, as luces de cores dos nosos autorretratos dixitais, de que teremos a alma?