Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Asociación de Corredores de Seguros asesorará de balde as persoas estafadas en Lugo

A Asociación de Corredores de Seguros asesorará de balde as persoas estafadas en Lugo

A organización galega salienta que o investigado non é corredor senón comercial de seguros

G24.gal 27/05/2023 13:43 Última actualización 27/05/2023 14:20

O comercial de seguros detido esta semana en Lugo por estafa puido ter preto dun cento de vítimas entre persoas aseguradas e axencias.

Desde a Asociación Galega de Corredores de Seguros salientan que non é un corredor, xa que non ten a autorización preceptiva emitida pola Xunta. A asociación, con sede en Vigo, prestará asesoramento legal gratuíto ás persoas afectadas.

Actuaba dende varias oficinas de Lugo e con contratos de colaboración con axencias, sobre todo das que operan por Internet.

O investigado estafou máis de 25 clientes e algúns pagáronlle en metálico. Non se decataron de que non tiñan seguro ata que tiveron un sinistro na casa ou no coche. Tamén estafou supostamente varias axencias.

A Asociación Galega de Corredores xa presentara unha denuncia en novembro. De feito, comparece nunha das causas contra el. Contratar directamente cunha axencia conta con máis garantías.

Os corredores tamén consideran que hai unha regulación excesiva para eles, mentres outros operadores do sector deben cumprir menos normas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade