Cargando resultados...
A Asociación pola Defensa da Ría critica o aval do Supremo a Ence
A Asociación pola Defensa da Ría critica o aval do Supremo a Ence
Din que das 8 pasteiras que hai en España só a de Pontevedra está en dominio marítimo terrestre e que seguirán loitando contra esta decisión
Antón Masa, presidente da Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra
G24.gal
07/02/2023 18:50
O presidente da Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra, Antón Masa, tacha de irregular a decisión do Supremo de avalar que Ence manteña a súa factoría na ría de Pontevedra.
Di que vai claramente contra a Lei de Costas, que só permite instalar en dominio público marítimo terrestre aquelas actividades ou instalacións que pola súa natureza non poidan estar noutro lugar. E ese, segundo Masa, non é o caso de Ence, xa que o resto das pasteiras que ten na Península están noutras localizacións. Só a de Pontevedra se mantén á beira da ría.