Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Audiencia confirma a absolución do alcalde de Ourense polo empurrón a unha manifestante

A Audiencia confirma a absolución do alcalde de Ourense polo empurrón a unha manifestante

Gonzalo Pérez Jácome xa fora absolto en primeira instancia ao entender que a súa actuación era “unha mera reacción ao feito de que a denunciante utilizase o megáfono a escasos centímetros da súa cara”

G24.gal 09/06/2023 15:57

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense confirmou a sentenza do Xulgado de Instrución número 2 de Ourense na que absolveu ao alcalde da cidade do delito leve de malos tratos que lle imputaban por empuxar a unha participante nunha concentración que tivo lugar na porta do Concello o 3 de maio de 2022.

Os maxistrados, polo tanto, rexeitaron o recurso interposto pola denunciante. Na sentenza, contra a que non cabe presentar recurso, explican que a petición, por parte da recorrente, dunha nova valoración da proba para determinar a existencia ou non de dolo na acción do denunciado, “non resulta factible sen a audiencia deste”, polo que conclúen que non cabe o pronunciamento condenatorio pretendido.

Por iso, confirman integramente a sentenza ditada en primeira instancia, en que o xuíz instrutor explicou que as partes non discuten o sucedido porque o incidente está recollido nunha gravación, cuxo contido non impugnaron.

Na resolución concluíu que a actuación do rexedor municipal foi “unha mera reacción ao feito de que a denunciante utilizase o megáfono a escasos centímetros da súa cara”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade