Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Audiencia Nacional confirma a súa competencia para investigar o naufraxio do Villa de Pitanxo

A Audiencia Nacional confirma a súa competencia para investigar o naufraxio do Villa de Pitanxo

Rexeita un recurso da Fiscalía que pedía que enviase a causa aos xulgados de Vigo

G24.gal 04/11/2022 14:25

A Sala do penal da Audiencia Nacional acaba de emitir un auto no que confirma a competencia do Xulgado de Instrución número 2 para investigar o naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo.

No accidente rexistrado o 14 de febreiro en Terranova, no Canadá, faleceron 9 tripulantes e outros 12 desapareceron.

A Audiencia rexeita así o recurso da Fiscalía no que pedía a inhibición da causa, e solicitaba que fosen o xulgados de Vigo o que asumisen a investigación. Lembramos que no naufraxio só tres persoas sobreviviron. Entre elas, o patrón da embarcación, Juan Padín, actualmente investigado pola presunta comisión de 21 homicidios imprudentes e por supostas neglixencias nas horas previas ao sinistro.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade