Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Audiencia Nacional xa non ve necesario que os presos etarras pidan perdón para obter permisos

A Audiencia Nacional xa non ve necesario que os presos etarras pidan perdón para obter permisos

Estima un recurso do etarra Gorka Loran e aproba un permiso ordinario de saída que solicitara

Considera que o perdón "non é en absoluto un requisito legal" para conceder o permiso a un preso da ETA

G24.gal 07/06/2022 20:42 Última actualización 07/06/2022 21:24

A Audiencia Nacional xa non ve necesario que un etarra teña que pedir perdón para obter un permiso penitenciario. Así se pronunciou nun auto en que ordena concederlle un permiso de saída ao preso da ETA Gorka Loran, de quen subliña que conta cunha "valoración positiva" do seu comportamento e que "non foi condenado por ningunha morte nin lesión".

Ata agora, a Audiencia Nacional estaba anulando os permisos concedidos a aqueles presos etarras que non incluíran nas súas cartas de arrepentimento un "perdón expreso" ás vítimas. Considera agora que pedir ese perdón expreso "non é en absoluto un requisito legal" para conceder o permiso, senón un "indicativo" dunha "boa evolución penitenciaria".

Este cambio nas condicións impostas aos presos da ETA para poderen obter permisos de saída débese á entrada dun novo maxistrado na sala da Audiencia Nacional que debe resolver os recursos de vixilancia penitenciaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade