A Audiencia Provincial da Coruña absolve os nove activistas da Casa Cornide
A Audiencia Provincial da Coruña absolve os nove activistas da Casa Cornide
Imputábaselles un delito leve de coaccións polo que debían pagar unha multa de 180 euros cada un deles
A Audiencia Provincial da Coruña resolveu favorablemente o recurso interposto polo nove activistas que subiron ao balcón da Casa Cornide, propiedade do Franco, en 2017, contra a sentenza que os condenaba a un delito leve, que implicaba multa ou arresto domiciliario.
A sentenza da Audiencia Provincial da Coruña deixa sen efecto a ditada polo Xulgado de Instrución nº 4 da Coruña, que os considerou autores dun delito leve de coaccións e os condenou a unha multa de 180 euros a cada un deles.
Ledicia pola decisión
Os nove activistas denunciados mostraron nun comunicado "a súa satisfacción por esta sentenza xudicial", xa que, segundo argumenta a súa portavoz, Elvira Branco, tratouse en todo momento de "un acto de libre expresión ante a inxustiza que supón que o Franco sigan ostentando a propiedade deste ben, que debe ser público".
Os 9 de Cornide din sentirse "orgullosas e orgullosos da actuación realizada, que serviu para pór o foco neste asunto".
"Seguiremos demandando que a Casa Cornide, do mesmo xeito que todos os bens expoliados polo franquismo, pasen a mans públicas. A Casa Cornide é do pobo galego", concluíu Branco.