Publicador de contidos
Publicador de contidos

A autoestrada AP-9 carece de puntos de recarga para vehículos eléctricos

A autoestrada AP-9 carece de puntos de recarga para vehículos eléctricos

Audasa prevé crear unha rede de subministración propia, pero non hai data para a súa implantación

G24.gal 30/03/2024 13:52 Última actualización 30/03/2024 14:32

Uns 25.000 vehículos circulan cada día pola a AP-9. A autoestrada que vertebra Galicia ten 220 quilómetros, pero en todo o trazado non hai nin un só punto de carga para os vehículos eléctricos.

Audasa renovou o ano pasado os contratos de xestión das seis áreas de servizo da vía. As condicións do concurso incluían a modernización das infraestruturas, pero non a instalación de puntos de carga eléctrica porque a concesionaria prevé crear a súa propia rede de subministración. Polo momento, non hai datas concretas para a súa implantación.

Nos dous primeiros meses de 2024 matriculáronse en Galicia preto de 500 vehículos electrificados. Representan pouco máis do 2,5 % do total. A insuficiente rede de puntos de carga é un dos motivos que desmotiva os usuarios potenciais.

A nosa comunidade obtén a segunda peor nota en infraestruturas de subministración para coches eléctricos no último barómetro de electromobilidade da ANFAC. Temos 1.095 puntos de acceso público, aínda que case o 30 % están fóra de servizo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade