Publicador de contidos
Publicador de contidos

A autopsia da muller atopada morta no seu piso en Santiago apunta a un accidente

A autopsia da muller atopada morta no seu piso en Santiago apunta a un accidente

Foi localizada por un familiar no seu piso das Cancelas despois de non ter noticias dela durante horas

G24.gal 12/10/2024 18:55 Última actualización 12/10/2024 19:28

A autopsia practicada á muller de 52 anos localizada sen vida no seu piso en Santiago descarta a morte violenta e apunta a un falecemento accidental mentres facía labores domésticos no domicilio.

Segundo fontes próximas á investigación, é a principal hipótese que barallaban dende o primeiro momento tras as análises levadas a cabo pola Policía Científica na súa vivenda do barrio das Cancelas, onde residía coa familia.

Foi un parente da vítima o que descubriu o corpo da muller na tarde do venres. Como non dera contactado con ela, desprazouse á vivenda e atopouna tirada no chan, ferida e con moito sangue.

Inmediatamente alertou o 112, que enviou á Policía Nacional e unha ambulancia medicalizada. Os sanitarios trataron de reanimar a muller, pero xa non puideron.

Tras practicar as dilixencias oportunas, a xuíza de garda ordenou o levantamento do cadáver, que foi trasladado ás dependencias do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade