Cargando resultados...
A autovía entre Tui e A Guarda conta desde hoxe cun novo tramo aberto á circulación
A autovía entre Tui e A Guarda conta desde hoxe cun novo tramo aberto á circulación
Abren tres novos ramais para os condutores que se moven entre O Porriño, Tui, A Guarda e Portugal
G24.gal
18/01/2024 14:34
Un dos tramos que entra en circulación é o que enlaza esta glorieta elevada sobre a A-55 coas estradas de Tui e O Baixo Miño e co polígono industrial de Areas, con preto medio cento de empresas instaladas.
Os outros dous ramais que entran en servizo son os de saída no enlace do punto quilométrico 30 da A-55, que conectará coa futura vía de altas prestacións Tui-A Guarda.
Todos os ramais deste tramo quedan abertos, agás o de entrada á autovía en sentido Portugal, que, segundo a Xunta de Galicia, se prevé finalizar no prazo dun mes.