A banca pechou en Galicia preto de 500 oficinas en cinco anos
A banca pechou en Galicia preto de 500 oficinas en cinco anos
As persoas maiores do rural son as máis afectadas por esta redución
Paderne é un dos municipios rurais galegos que non ten sucursal bancaria. Cando se instalou o caixeiro automático os veciños tamén quedaron sen o servizo quincenal da oficina móbil.
"Acórdome que viña todas as semanas, e despois ao final cada quince días. A xente estaba bastante contenta porque tiñamos servizo".
"Todo ten que ser por caixeiro, ás veces ten que ser por teléfono e á xente maior cústalle moito"
A Coirós o autobús do banco chega os venres. O resto dos días os veciños apáñanse cun caixeiro ou desprázanse a Betanzos para os os atendan na oficina.
En Galicia hai ao redor de sesenta concellos sen banco, pero mirando a tendencia dos últimos anos, a cifra previsiblemente medrará. Nun lustro pecharon case cincocentas sucursais bancarias, unha redución que se nota tamén nas cidades.
"Eu son de Lugo e si que pecharon moitísimos caixeiros e como teñen ese horario de mañás de primeira hora pois hai moita xente maior que está máis prexudicada".
"Aquí non hai case, só temos un caixeiro".
Desde finais de 2018 desapareceron un terzo das oficinas bancarias galegas, peches que se intentaron compensar coa implantación de canles alternativas, como os axentes financeiros, os ofibuses ou o servizo Correos Cash, que permite retirar cartos ou realizar ingresos a través dos carteiros rurais, pero os clientes prefiren as sucursais tradicionais.
"Paréceme francamente mal que se pechen no rural, porque hai moita xente maior, moita xente que non ten medio de locomoción ou non ten diñeiro".
No conxunto de España a banca pecha unha oficina cada dous días.