Publicador de contidos
Publicador de contidos

O medo a unha recesión sacode os mercados

O medo a unha recesión sacode os mercados

O IBEX caeu un 2,48%, Milán un 2,99%, Frankfurt un 2,91% e Londres un 2,86%

G24.gal 05/07/2022 19:13 Última actualización 06/07/2022 11:38

O temor a que a economía global se encamiñe a unha recesión fixo que a maioría das grandes bolsas europeas cerraran a sesión do martes con perdas próximas ao 3 %, en sintonía coa apertura en negativo de Wall Street.

O prezo do petróleo baixou un 10 %  e o euro depréciase fronte ao dólar, no seu mínimo desde 2002.

O principal indicador do parqué español, o IBEX 35, caeu un 2,48 %, o maior trompazo desde o pasado 12 de xuño. Quedou en 7.959,4 puntos, o seu nivel máis baixo desde comezos do pasado marzo. As perdas anuais quedan así no 8,66 %.

Máis pesimistas aínda se mostraron os investidores nas grandes prazas do Vello Continente, que cerraron con caídas do 2,99 % en Milán; do 2,91 % en Frankfurt; do 2,86 % en Londres e do 2,68 % en París, mentres que o Euro Stoxx 50, que agrupa as maiores empresas cotizadas do Vello Continente perdeu un 2,68 %.

Na mesma liña, o euro cambiábase este martes por baixo dos 1,03 dólares, o seu mínimo nas dúas últimas décadas, pola desbandada dos investidores cara ao billete verde, como ocorre sempre que asoma o temor a unha posible recesión.

Factores da crise

Os investidores ven varios factores que poden levar a unha crise económica: a inflación, as subas dos tipos de xuro por parte dos bancos centrais e as tensións enerxéticas cos prezos do gas disparados.

Tamén se están resentindo os mercados de débeda europeos. O Tesouro español celebrou a primeira poxa de xullo e tivo que pagar por colocar a débeda a seis meses, por primeira vez dende 2015. 

No Goberno recoñecen que o contexto é de grande incerteza, pero descartan unha recesión en España.

Discrepa a oposición. No PP prevén unha profunda crise económica e acusan o Goberno de mirar cara a outro lado,

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade