Publicador de contidos
Publicador de contidos

A bonificación no prezo dos carburantes deixará de ser universal o 30 de xuño

A bonificación no prezo dos carburantes deixará de ser universal o 30 de xuño

O Goberno estuda prorrogar a axuda, pero só entre quen máis o necesite

G24.gal 14/05/2022 14:00 Última actualización 14/05/2022 22:35

O Goberno podería restrinxir a bonificación de 20 céntimos por litro de combustible aos consumidores que máis o necesiten. A vicepresidenta terceira, Teresa Ribera, abriu a porta a prorrogar o desconto máis alá do 30 de xuño, pero non para todos, coma ata o de agora.

O plan anticrise aprobado polo Goberno para facerlle fronte á escalada dos prezos establece a bonificación de 20 céntimos por litro de gasolina para todos os consumidores ata o último día do próximo mes.

Ribera asegurou que o executivo está moi pendente da evolución dos prezos e desta medida, e que non descarta ampliar a súa vixencia en caso de que sexa necesario. Iso si, o desconto só se prorrogaría para os consumidores domésticos e profesionais que máis o necesiten.

Queda por concretar quen serán os beneficiarios finais desta axuda, que entrou en vigor o 1 de abril cos prezos á alza. Neste mes e medio, o litro de gasolina e de gasóleo chegou a superar os dous euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade