A brasileira Andreza Costa, sexta fichaxe do Guardés
A brasileira Andreza Costa, sexta fichaxe do Guardés
Xoga na primeira liña e procede do Kumanovo de Macedonia
A central brasileira Andreza Costa Almeida converteuse este luns na sexta fichaxe para a tempada 2023-24 do Mecalia Atlético Guardés de balonmán, ao que chega procedente do Kumanovo de Macedonia, co que este curso proclamouse campión de Copa:
“Estou moi contenta de incorporarme a un gran club como o Atlético Guardés. Veño coas máximas aspiracións e para gañar todo o que sexa posible. Estou segura de que vou dar a miña mellor versión dentro do equipo para conseguir bos resultados”, comentou a xogadora paulista tras visitar A Guarda e asinar o seu novo contrato co conxunto galego.
O Atlético Guardés destaca no seu comunicado que Andreza Costa, que o próximo mes cumprirá 25 anos, é “unha central de vocación” pero está “perfectamente capacitada” para xogar en calquera posto da primeira liña.
É a sexta fichaxe do novo proxecto que liderará Cristina Cabeza tras Cecilia Cacheda, María Palomo, Ronsel Carrera, Itziar Martínez e Ania Ramos.