Cargando resultados...
A cadea de treboadas en Galicia é algo frecuente nesta época do ano
A cadea de treboadas en Galicia é algo frecuente nesta época do ano
G24.gal
05/06/2023 15:40
Os expertos en metereoloxía explican que este fenómeno das treboadas en forma de trombas de auga acompañadas de pedrazo ou raios son capítulos frecuentes dos meses de maio e xuño. Un fenómeno que ten lugar cando baten as masas de aire frío, que nos chegan do norte coma Islandia, os países nórdicos ou O Reino Unido, coas masas de aire cálido que adoitan chegar do Sáhara.
Teñen lugar na primavera e tamén no principio do outono, pero non se trata de nada excepcional. De feito as treboadas eléctricas non chegaron ás rexistradas outros anos, onde se contabilizaron case dez mil raios, por exemplo, no ano 2017.