A Cañiza celebra este martes a súa tradicional Festa do Xamón
A Cañiza celebra este martes a súa tradicional Festa do Xamón
O día grande comezou co xa tradicional concurso de cortadores
Milleiros de persoas reúnense este martes na Cañiza para asistir á Festa do Xamón.
A deste ano é xa a edición número 57 desta festa declarada de interese turístico galego.
O día grande comezou co xa tradicional concurso de cortadores de xamón, no que participaron 14 profesionais, entre eles varios campións nacionais, e no que se valora non a súa habilidade, senón tamén a orixinalidade da presentación e o rendemento que son capaces de sacarlles a cada peza.
O espectáculo do concurso era unha boa forma de ir abrindo boca para pasar á zona de degustación.
A organización preparou unhas 10.000 racións de xamón, con protagonismo para o xamón curado e cortado a coitelo, pero tamén se podía escoller entre xamón asado, tortilla de xamón e empanada, a un prezo de 7 euros a ración, con pan e bebida incluídos.
Aínda que agora a produción local xa non sexa a que foi noutro tempo, os amantes do xamón seguen tendo na Cañiza a súa festa de referencia, e pola cantidade de xente que volveu congregar esta 57 edición a bo seguro lle quedarán moitos anos máis.