Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Carabela A Pinta loce de novo en Baiona

A Carabela A Pinta loce de novo en Baiona

A embarcación foi rehabilitada e reorganizouse o espazo museístico

A réplica da nave orixinal exhíbese en Baiona dende hai 28 anos

Turismo de Galicia participa na iniciativa cultural Exploraterra, que pon en valor o patrimonio cultural vencellado á era das grandes expedicións marítimas

G24.gal 04/07/2022 21:09 Última actualización 04/07/2022 21:59

A réplica da Pinta preside a entrada de Baiona igual que o leva facendo 28 anos.

Lembra que en 1493 Martín Alonso Pinzón chegou á vila coa nova do achado das Indias nunha nave coma esta en que partiran unha vintena de homes con destino descoñecido.

A carabela foi renovada en tempo récord e mantén a súa esencia orixinal dos tempos de Cristovo Colón.

"Tiñamos o medo cando saïamos de aquí do que podía pasar cando chegásemos alí fóra. Pero a verdade é que unha vez enriba das vías, cando puidemos analizar e entramos na parte estrutural vimos que o quillote e as cadernas estaban ben; pois xa traballas con outra tranquilidade", di Raúl Costas, director de operacións do grupo Eurored.

Amais da rehabilitación integral da nave, reorganizouse o espazo museístico para que os visitantes poidan evocar as condicións a bordo nos tempos das grandes xestas marítimas.

Un auténtico labor de ourivería para a responsable do Museo da Navegación Rosa Villar.

"Non quixemos caer na acumulación de contidos, senón facer pequenas chiscadelas, por exemplo, a caixa de urxencias, ver a diferenza coa medicina de hoxe, ou saber mais dos taninos".

O novo equipamento museístico da carabela A Pinta é unha das accións do programa europeo Exploraterra, que pon en valor o patrimonio cultural vencellado á era das grandes expedicións marítimas, en que Galicia ten un gran protagonismo histórico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade