Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pechan a carballeira de Santa Minia de Brión pola caída da póla dunha árbore

Pechan a carballeira de Santa Minia de Brión pola caída da póla dunha árbore

Crese que a caída podería ser síntoma dun fungo que provoca a putrefacción do sistema radicular da árbore

G24.gal 02/05/2024 14:31

A caída dunha póla dun carballo obriga a pechar temporalmente a emblemática carballeira de Santa Minia, no concello de Brión. Descartado o vento como posible causa, crese que a caída podería ser síntoma de que a armillaria mellea, o fungo que produce unha enfermidade para que non hai cura, que provoca a putrefacción do sistema radicular da árbore, está máis estendida do que se pensaba nesta carballeira.

Xa hai unha zona que está en plena fase de repoboación e agora vanse facer máis análises para determinar que pasos a seguir. Mentres tanto estará pechada ao público e agárdase que poñan os valados hoxe mesmo.

A caída non provocou danos materiais nin persoais, só un forte ruído perceptible nun restaurante lindeiro. O seu propietario, Fran Lampón, conta que "estaban rematando o servizo das comidas, estaban saíndo os clientes e foi xusto o momento en que caeu a póla do carballo. Sentimos un ruído, unha nena que estaba fóra asustouse, pero todo o mundo estaba separado e non houbo ningún dano. Saímos para fóra no momento e fun eu persoalmente o que chamou o GES de Brión para darlle conta do sucedido".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos