Publicador de contidos
Publicador de contidos

A carencia de dentes é unha patoloxía xenética que pode xerar problemas funcionais

A carencia de dentes é unha patoloxía xenética que pode xerar problemas funcionais

A axenesia dental non se debe o chupete nin a malas prácticas, e un problema hereditario

A ortodoncia ou o implante son as formas de tratala

Juan Carlos Pérez Varela examina un caso de axenesia na clínica MAEX, de Santiago
G24.gal 14/02/2023 13:48

Entre o tres o cinco por cento da poboación ten axenesia dental, unha patoloxía xenética pouco coñecida que provoca a ausencia dunha ou máis pezas dentais, normalmente os incisivos. Pode provocar problemas no resto da dentadura, polo que convén tratala. 

Non se debe a un uso excesivo de chupete nin ao biberón nin a lactación materna. A miúdo detéctase cando caen os dentes de leite e non nacen os definitivos. O recomendable é facer unha revisión aos seis anos. di Juan Carlos Pérez Varela, ortodoncista e presidente da Sociedade Española de Ortodoncia.

"O que facemos e unha radiografía de toda a boca, radiografía panorámica, e aí xa vemos se está o xerme do dente definitivo"

A carencia non é só unha cuestión estética. A axenesia dental pode provocar problemas funcionais, sinala Pérez Varela.

"Co paso o tempo pode haber desgaste, problemas na articulación e problemas de oclusión"

Para evitar estas consecuencias, os odontólogos propoñen dúas solucións.

"Unha é reabrir o espazo e colocar un implante ou pechar os espazos, reconstruír os dentes e que non se note absolutamente nada. Nosoutros somos sempre partidarios de pechar o espazo. Bioloxicamente é mellor porque o paciente vai ter todos os seus dentes e as enxivas van estar moito mellor a longo prazo".

O problema afecta entre un 3 e un 5 por cento da poboación xeral, e é moi habitual nas clínicas de ortodoncia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade