Publicador de contidos
Publicador de contidos

A carne de vacún vello medra exponencialmente nos mercados

A carne de vacún vello medra exponencialmente nos mercados

En quince anos, a venda de animais de alta idade duplicou a súa facturación

Os mercados e a hostalería gourmet son os principais destinos

G24.gal 06/10/2023 20:23 Última actualización 06/10/2023 20:27

En 15 anos, o valor económico da carne de vacún vello en España pasou de 2.000 a 3.500 millóns de euros. E eso que polo camiño perdéronse máis de 60.000 explotacións. Esta tendencia chegou tamén a Galicia e cada vez son máis os gandeiros que optan por prolongar a vida dos animais para obter unhas carnes máis graxas, con máis sabor e como produto diferenciado. É o caso de Leticia e Rubia, dúas vacas de Friol que xa pasan de quince anos e aínda non van ir ao matadoiro.

O outro produto estrela son os bois. Teñen que ser castrados antes dun ano de idade e hai que cebalos un mínimo de seis anos. Unha crianza arriscada porque o animal está moito tempo sen dar rendemento e pode morrer antes de ser vendido. iso si, as vendas rara vez baixan dos 6.000 euros por exemplar.

Na última década, o consumo de carne de vacún baixou un 10 % en España pero a irrupción do vacún vello nos mercados e a hostalería gourmet permitiu manter un alto rendemento económico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar